15/08/13

DEPORTIVO AUTENTICO

GALEGO:

DEPORTIVO AUTENTICO é o nome que eliximos para unha entidade dedicada a fomentar o coñecemento da historia do Deportivo e do deporte coruñés en xeral.
Cando se iniciou o proxecto buscouse un nome apropiado, que estivese ligado á historia do Deportivo e apareceron dous candidatos no ano 1914.
O primeiro era o Fabril, que aparecera en 1913 (sería xa centenario) e que oficialmente foi rexistrado en 1914. O seu uniforme era unha camiseta azul e vermella e pantalón azul.
O segundo era o DEPORTIVO AUTENTICO. Neste caso o nacemento en 1914 produciuse cando os xogadores do Deportivo, rexeitando as malas relacións entre as directivas do seu club e do Coruña F. C., marcaron un encontro co outro gran equipo coruñés.
A directiva deportivista reaccionou rexeitando a iniciativa, pero os xogadores mantivéronse firmes e o encontro tivo lugar rexistrándose un cheo completo do campo do Coruña. Pouco despois abriuse máis a brecha interna e a maioría dos xogadores deciden crear o Deportivo F. C. Auténtico.
En calquera caso é probable que non se rexistrasen legalmente e durante catro anos o Deportivo practicamente non tivo actividade sendo asumida a mesma por este DEPORTIVO AUTENTICO, que acabou reintegrándose en 1918.
Seguramente moitos deportivistas non sabían da existencia deste club e do centenario do Fabril, por iso pareceunos interesante crear deportivistas auténticos e lembrar esta rica historia.

Neste caso o Club si quedou rexistrado o 23 de xullo de 2013

**********          **********

CASTELLANO:

DEPORTIVO AUTENTICO es el nombre que hemos elegido para una entidad dedicada a fomentar el conocimiento de la historia del Deportivo y del deporte coruñés en general.
Cuando se inició el proyecto se buscó un nombre apropiado, que estuviese ligado a la historia del Deportivo y aparecieron dos candidatos en el año 1914.
El primero era el Fabril, que había aparecido en 1913 (sería ya centenario) y que oficialmente fue registrado en 1914. Su uniforme era una camiseta azul y roja y pantalón azul. 
El segundo era el DEPORTIVO AUTENTICO. En este caso el nacimiento en 1914 se produjo cuando los jugadores del Deportivo, rechazando las malas relaciones entre las directivas de su club y del Coruña F. C., marcaron un encuentro con el otro gran equipo coruñés. 
La directiva deportivista reaccionó rechazando la iniciativa, pero los jugadores se mantuvieron firmes y el encuentro tuvo lugar registrándose un lleno completo del campo del Coruña. Poco después se abrió más la brecha interna y la mayoría de los jugadores deciden crear el Deportivo F. C. Auténtico
En cualquier caso es probable que no se registraran legalmente y durante cuatro años el Deportivo practicamente no tuvo actividad siendo asumida la misma por este DEPORTIVO AUTENTICO, que acabó reintegrándose en 1918.
Seguramente muchos deportivistas no sabían de la existencia de este club y del centenario del Fabril, por eso nos pareció interesante crear deportivistas auténticos y recordar esta rica historia.

En este caso el Club si fue registrado el 23 de julio de 2013.

Ningún comentario :

Publicar un comentario